Falar de Don Uxío é falar de humildade, devoción ao seu traballo, amor á música… todo cousas boas. Para a nosa Polifónica Vilalbesa foi o sostén despois de tomar as súas rendas hai máis de vinte anos, sempre pendente dos ensaios, das actuacións, poñendo facilidades e priorizándoa ante os seus quefaceres.
En nome deste colectivo quero darlle as infinitas grazas por compartir con nós ese tempo tan prezado. Moita sorte no seu destino en Mondoñedo e aquí, en Vilalba, terá sempre a súa casa.