Don Uxío tivo sempre unha relación especial co Belén electrónico de Begonte desde o seu nacemento.
Escribiu o poema Belén na nosa terra (para o Belén de Begonte), e foi pregoeiro do Nadal en 1986, e en varias ocasións dirixiu nos actos do Belén a Polifónica Vilalbesa. As fotos corresponden a 2019, e nelas aparece contemplando o Belén, dirixindo a Polifónica, ou recibindo un agasallo do Pregoeiro daquel ano, o vilalbés Félix Villares Mouteira.
Pero o Belén será sempre debedor de don Uxío, pois grazas a el, ao seu labor á fronte do Bispado de Mondoñedo-Ferrol como Vicario Capitular da Diocese, o Belén puido seguir a súa traxectoria ascendente e chegar a cumprir en 2022 o seu primeiro medio século.
Don Uxío le "Para o Belén de Begonte"