Samuel López González

Ex-presidente do Orfeón da Sociedade de Obreiros

ORFEÓN DA SOCIEDADE DE OBREIROS CATÓLICOS DE MONDOÑEDO

Comezo do Orfeón ano 1967 sendo fundador D. Eugenio García Amor. Ao longo de 13 anos estivo como Director e Presidente do Orfeón (dende o 1967 ata o 1980).

En decembro de 1967, presentase diante o público de Mondoñedo un grupo duns 30 homes animados por tres persoas; Dr. Bermúdez, Roberto Michelena e D. Eugenio García Amor que ocupaba o cargo de Mestre de Capela da Catedral de Mondoñedo (1956 – 1971).

Resumimos de seguido parte do traballo e éxitos que D. Eugenio García Amor realizou ao longo dos 13 anos que formou parte do Orfeón de Mondoñedo.

Organiza un Festival destinado a beneficio do Asilo de Mondoñedo, recaudando fondos para a instalación da calefacción no edificio e compra dunha furgoneta.

Dende o seu inicio o Orfeón, formado só por homes, pasou ao pouco tempo, a ser un grupo mixto coa incorporación de mulleres e como decía D. Uxío o Orfeón enriqueceu así as súas posibilidades.

Un paso importante foi a integración na Veterana Sociedade de Obreiros.

É de salientar tamén:

O intercambio con outras corais coa integración na Federación Coral Galega. Composición da nova directiva formada por D. Uxio como Presidente e Director; Roberto Michelena como secretario e Samuel López como depositario. Dende ese momento comeza as actividades como Asociación.

Destacadas son as actuacións na TVE e TVG, grabacións na Radio Galega…

No ano 1972 ten lugar a inauguración do salón de actos da Sociedade de Obreiros, grazas á axuda do padrino D. Xoaquín Velasco. Estrenase ese mesmo día un piano Yamaha e o concerto da pianista Naty Lamas.

Destacamos que durante a etapa de D. Uxio como Presidente e Director, o Orfeón pasou de máis de 250 actuacións.

Lembramos algunas:

Corpus de Lugo, actuación na TVE, grabación do 1º disco, saída a Asturias… Homenaxe a D. Xoaquín Velasco, D. Ramón Falcón, Dr. Cabanela, congreso de médicos de España celebrado en Lugo, actuación en Vigo, 2ª grabación na TVE, Saída a Portugal, homenaxe do Concello de Mondoñedo, 3ª actuación na TVE, 2ª saída a Portugal con misa no Santuario do Sameiro. Representación en Betanzos día de Galicia organizado polas catro Deputacións Provinciais. Certame de corais de Galicia en Lugo ano 1974 con motivo do biliminario da cidade, para este acto D. Uxío encargou ao seu amigo Tenente Coronel e músico D. Manuel Pérez de Arevalo una canción inédita con título “Cantiga do Conde Santo”, acandando o 2º premio.

Actuación en Ferrol no Club de Campo con motivo da Festa das Pepitas. Actuacións en todos os Teleclubs da provincia, pregón da Semana Santa de Viveiro, domingos folclóricos de Portomarín.

É de sinalar a vinculación que existiu entre o Orfeón e o grupo folk “Trovadores de Mondoñedo”

No ano 1980, D. Uxío marchou a Roma por periodo dun ano

No ano 1986, sendo Administrador da Diócese de Mondoñedo – Ferrol (1985-1987), acude como un compoñente máis do Orfeón ao Festival de Habaneras de Torrevieja (Alicante) e sendo xa Director D. Alfonso de la Torre.

De D. Uxío destacaría a súa sencillez, humildade, entrega, compromiso e capacidade de traballo.