Súmo-me ao batallóm que considera a D. Usío um santo ilustrado
Foi a partir de convivir com Anxo Ferreiro que, de quando en vez, escoitava falar de don Usío cos compañeiros, familiares ou viciños, do que escoitava deducía que era umha persoa muito doada de levar, se havía que pedír-lle algo ou resolver un caso, nom havía reparo en face-lo porque sempre axudava a encontrar a soluzón, ademáis era un cura muito progresista.
Na presentazón do livro “Consejos de Guerra al Clero Vasco”, organizada por Instituto de Estudos Chairegos no Centro cultural de Vilalba, hai ums anos, tivem a sorte de poder entrar ao salóm, estava repleto, milagrosamente vim um asento, da mitade para atrás da sala, ao lado dum sacerdote, saudeino e respondeu cum sorriso. Nom perdía umha palabra dos que expoñíam, mantiña atenzóm total, acompañada de um xesto, asentía ou negava, ao que se tratava, estava disfrutando. Ao final entabléi com él umha breve charla referente aos curas vascos, contándolle cómo o autor tiña conseguido a documentación nos arquivos militares de Ferrol, abertos havía pouco para os investigadores. Deixei caer que a os arquivos relixiosos nom era fácil aceder; recoñeceu-no, mais explicou-me que o cambio do Vaticano co novo Papa, podía mellorar o asunto. Despedímonos e sorrindo díxome “señora é mui ilustrada”, deu-me a risa á vez que lle decía “e vostede un modelo de persoa a seguir”. Despois Vim a don Uxío, em distintas situazos: polas carreteras num seat pequeno, solo; facendo umha misa en Boizán perto do palco da festa, sempre interesante e sinselo, quando se tratava de D. Uxío nom perdías o tempo. Don Uxío nom tem porqué acordarse de mím, mais eu nom o esquecí nunca.