Manos Unidas Vilalba

Desde a comarcal de Manos Unidas de Vilalba, queremos expresar o privilexio e a honra de compartir con D. Uxío estes 12 anos que transcorreron desde que se creou o grupo o 2 de marzo de 2010. Sempre contamos coa súa incansable colaboración e entusiasmo en todas as nosas actividades: asistindo ás nosas reunións, enviando notas á prensa e radio con motivo da Campaña contra a fame, colaborando nos festivais, participando na actividade “Acende a chama” e no rastrillo do Nadal celebrado en decembro de 2021.

Grazas D. Uxío, non só polo seu traballo e entusiasmo, senón tamén pola súa sinxeleza, humildade, xenerosidade e agarimo que pon en todo o que fai. Sempre cun sorriso, escoita atenta e pendente da axuda que poidan necesitar os demais, aínda que tivese un día moi longo, en tempo e actividade.

Manos Unidas Vilalba

 

Como moi ben din as nosas compañeiras de Ferrol: “A un sacerdote desta magnitude e xenerosidade, non hai palabras para definilo”. En consecuencia, considérese o devandito anteriormente como “un intento de dar unhas pinceladas”.

Grazas, grazas, grazas, D. Uxío! Que Deus o bendiga e lle axude en todo o que necesite.

…siempre más manos,
siempre más unidas.
¡Fraternas manos de tus propias Manos!