Manos Unidas Ferrol

Desde Manos Unidas Mondoñedo-Ferrol, queremos expresar o noso agradecemento a D. Uxío, sacerdote de Villalba, por acompañarnos sempre no noso proxectos e actividades, difundindo nas súas parroquias o labor que realiza Manos Unidas en favor dos máis necesitados. Non só comprometido coa nosa Campaña contra a fame, se non tamén participando en todas as nosas celebracións.

Sabemos da súa vida sacerdotal, entregada á Igrexa Diocesana e o seu desvelo en Vilalba, onde exerce o seu ministerio sacerdotal. O labor que realiza en Vilalba sábeno moi ben as nosas compañeiras da comarcal Vilalbesa, xa que o teñen como referente.

A un sacerdote desta magnitude e xenerosidade, non hai palabras para definilo.

Vive unha vida seguindo a mensaxe do Evanxeo e sabe, e así o expresa, que detrás desas cifras escandalosas da fame nos países máis pobres, hai rostros de persoas: do mundo rural, urbano, mulleres escravizadas, nenos da rúa, inmigrantes...

Grazas D. Uxío, por ser exemplo para nós, voluntarios de Manos Unidas.

Que o Señor, ao que ten presente na súa vida, lle dea fortaleza para seguir difundindo a nosa mensaxe: “Erradicar a fame no mundo empobrecido e esquecido”.

Témolo sempre presente ante o Señor nas nosas oracións.

Manos que dan lo que reciben,
en la gratuidad multiplicada,
siempre más manos,
siempre más unidas.
¡Fraternas manos de tus propias Manos!