José García Amor

Irmán de Don Uxío

Ademais de irmán, fuches apoio e un referente para min, tamén o meu profesor: de arte, de música, de francés…, pero, sobre todo, considérote unha persoa exemplar.

O camiño que escolliches levoute, non con poucas dificultades, a pasar grandes tempadas lonxe da casa, máis sempre demostrando o teu amor polos teus e pola túa terra.

A túa presencia, alá onde vas, é sinónimo de axuda e de xenerosidade, dando incluso o que non che sobra, e de ledicia, co teu sorriso permanente e, no peto, gardados, os teus versos escritos con motivo de cada ocasión, para ser cantados por toda a túa familia, sempre orgullosa de ti.