David Corral Díaz

Homenaxe ao querido mestre don Uxío,
pastor e sementador da Palabra

 
Estes versos quixeran ser poesía,
palabras nacidas para canto
tecidas con fíos e encaixes
para honra e loanza deste día.
Facías o labor coa esperanza firme
 de quen vai sementar leiras pequenas;
leiras de seu con sementes escollidas
que han dar froitos doces nos seus días.
Deixar caer paseniño a semente
en campos de lentura ben labrados
onde aguanten o sol e a xeada
e os reguen as choivas e o orballo.
Xente deste país que abra camiños,
 que amen a cultura e os seus eidos,
abertos ao mundo e ao progreso
sen romperen as raíces que os sosteñen.
Para un crego rural que diso se prece
non hai mellor galardón na súa andaina
que ver os froitos que florecen
no fondo e raíz das súas almas.
Madureceu a vida na loita e no traballo,
 no afecto nobre e fiel entrega
dando sen medir nin levar conta
de canto se dá sen agardar pago.
Pasou a primavera de ilusións prendida
e amosa o outono agradecido
dourado de froitos que se ofrecen
 e colman, Uxío, a ledicia deste día.

Poema dedicado a don Uxío García Amor no seu 90º cumpleaños (2018)

Cincuentenario

Volvendo a vista atrás na sementeira
De anos van aló xa medio centro
Que cada vez con renovado alento
foi deixando caer en cada xeira.

Ben apurado o paso e man certeira,
o xunco do seu corpo en movemento,
- leve cana que non domea o vento-
esparexe a semente en cada leira.

Da xenio ver os campos ben labrados
e as fronzas verdear na primaveira,
agoiro do que han ser trigais dourados

cando chegue do tempo os alugados
E a ceifa do froito que soñaras
vexas cumpridas, Uxío, nos sobrados.


Poema adicado a don Uxío García Amor nos seus 50 anos de crego (2003)