Ángela Novo

Presidenta da Asociación de Viuvas Carmiña Prieto Rouco

Don Uxío Garcia Amor, que chegou a Vilalba alá polo ano 2000, Consiliario da Asociación de Viúvas “Carmiña Prieto Rouco”, é unha persoa moi querida por todas nós.

Cando o seu traballo pastoral llo permitía, participaba nas reunións da Asociación, compartindo connosco a súa grande sabedoría e o seu bo facer. Para nós foi unha gran honra a súa asistencia a todos os eventos e xuntanzas, destacando a celebración dos primeiros 25 anos da nosa Asociación, a despedida da nosa benquerida presidenta María Antonia López, Maruja, e a Asamblea Rexional do ano 2012, onde tivo a ben honrarnos co seu traxe de gala recentemente nomeado Prelado de Honra da Súa Santidade.

Asociación de Viúvas

 

Tamén, hai que dicilo, sempre mirando o reloxo cun pouco de présa para cumprir coas obrigas da parroquia. Pero aínda así, nunca faltaba unha copla súa para alegrar o evento. Sempre está aí, connosco.

Grazas, Don Uxío, no nome da Asociación de Viúvas de Vilalba, polo seu labor, dedicación, fortaleza e humildade. Grazas sempre.