Darío Balea Méndez: a pedagoxía do corazón
Aos que pasamos moitos anos a carón de Darío Balea resúltanos aínda familiar o seu sorriso e a súa palabra sempre cordial e aleccionadora.
Naceu Darío en Orizón (Castro de Rei) o 29 de novembro de 1929. Pertecía a unha familia moi numerosa -16 irmáns- e moi vocacionada, xa que tivo un irmán misioneiro (morto en Colombia) e catro irmás monxas.
Recibiu a Ordenación sacerdotal o 21 de marzo de 1953, e consagrou os seus 53 anos de sacerdocio a diversas tarefas educativas e misioneiras con excepcional discreción e xenerosidade.
Adicoulle á formación dos seminaristas 35 anos da súa vida, empezando polo Seminario Menor de Lourenzá (anos 1953-57), e continuando logo no Seminario de Mondoñedo como Formador e Profesor ata o ano 1973, en que foi designado Rector. Nesta misión permaneceu outros 15 anos, mantendo tamén a súa tarefa docente e a promoción vocacional.
Nunha etapa intermedia pasou 3 anos en Roma (1960-63), nos que prestou servizo a unha Parroquia e fixo a Licenciatura en Pedagoxía.
En 1988 deixou o Seminario e pediu un ano sabático para actualizar os seus estudos en Salamanca. Alí entrou en contacto cos Misioneiros de Marianhill, e marchou a Sudáfrica, para traballar como misioneiro e afondar no seu contacto coas culturas africanas.
Como os anos e as doenzas iban minando as súas capacidades, optou hacia o ano 2000 por voltar a España, e adicar os derradeiros anos a vivir coa familia, atendendo especialmente a unha irmá afectada pola enfermidade, e colaborando nos servizos relixiosos do Asilo de Anciáns de Lugo, onde residía a súa irmá.
Finalmente, cando a súa saúde se deteriorou gravemente, buscou acollida no Centro Xeriátrico de Bretoña, e alí quedou reducido a unha vida case vexetativa, pero sempre cunha paciencia edificante. Así o manifestaba tamén o noso Bispo na súa homilía exequial: Pude verle y acariciarle en la Residencia de Bretoña, cuando ya no podía comunicarse con nosotros mediante la palabra, pero nos hablaba y muy elocuentemente- con sus gestos, su mirada y sus silencios.
A súa morte (8 febreiro 2007) foi a páxina final desta pequena biografía que nos deixou, para completar os seus traballos e ilusións. Graciñas por tantos camiños como recorremos contigo, e polos que nos mostraches, para que avanzásemos por nós mesmos hacia a casa do Pai (X. Manuel Carballo)
Hai que incorporar tamén a este retrato as súas afeccións máis significativas, como foron o seu amor pola cultura bibliográfica e astronómica (tiña tamén un pequeno telescopio). Froito desas afeccións foron as moitas horas que adicou á catalogación da antiga biblioteca do Seminario de Mondoñedo. Con este motivo publicou en Estudios Mindonienses catro notables catálogos dos incunables e escritos do sec XVI existentes nesa Biblioteca.
Pero, sobre todo, Darío foi sempre un pedagogo do corazón. Ibamos onda el para buscar unha palabra que nos animase a seguir dando o que nos quedaba de ilusión e de paciencia. Don Darío, aun con sus fragilidades, ha hecho mucho bien. En él ha contado siempre más el ser que el hacer Animados por el buen ejemplo de nuestro hermano, proseguimos su camino. (Mons. Sanchez Monge).
Desde a súa aldea nativa en Orizón, onde ten a sepultura a carón da Igrexa, el seguirá pedindo por nós: ensínanos a calcular os nosos anos, para que adquiramos un corazón sensato (sal.89)