Durante todo o seu tempo vilalbés, Don Uxío foi Director da histórica agrupación coral POLIFÓNICA VILALBESA.

Polifónica de Vilalba

 

O pasamento do seu anterior Director, JOSÉ GÓMEZ GARCÍA, crego de Vilalba, deixara orfa á Agrupación, e foi unha sorte que chegara Don Uxío a Vilalba e que accedera a facerse cargo da dirección do coro, función que desempeñou con total dedicación e entusiasmo, sen máis compensación que o xeral agradecemento e veneración de todos os membros da agrupación.

Polifónica de Vilalba

 

DON UXIO deixa na Polifónica e en todo Vilalba un ronsel de admiración e agarimo, como en todos os lugares por donde ten desempeñado función pastoral, musical e humana.

2009: A Polifónica de Vilalba con Don Uxío, Director; e os vilalbeses Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo, e o Cardenal Antonio María Rouco Varela.

 

2009: A Polifónica de Vilalba con Don Uxío, Director; e os vilalbeses Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo, e o Cardenal Antonio María Rouco Varela.
Don Uxío, coma sempre, en segundo plano.